Compártenos

Compartir

 

Inicio Tempadas Tempada 2009/2010 Foto/Cronicas (Junior)
Foto/Crónicas (Junior)
Xornada 10-Outubro-2009 E-mail

Por primeira vez líderes

A xornada do sábado depáróunos un feito histórico na curta vida do Club de Hockey Compostela, o equipo Junior comeza a tempada no mais alto da clasificacion, mirando cara abaixo a rivais como Liceo, Compañía de Maria, ou Vigo Stick.

Ben é certo que isto non fixo mais que empezar, e non hai que deixarse levar polo optimismo, pero ten que ser un aliciente que nos faga traballar mais e mellor en busca do obxectivo final que non é outro que ser un equipo competitivo, que en cada partido teña a aspiración de gañar; despois podráse perder, empatar ou mesmo gañar, pero non podemos entregarnos de antemán.

O primeiro partido disputado o Sabado no pavillon de Vite foi o mencionado de Junior, contra o Escola Lubians, partido dominado polo HC Compostela con claridade, despois duns primeiros minutos de tanteo, que romperon co primeiro gol de Roi, a partir dese instante o Escola foi un xoguete en mans do Compostela, caendo goles un tras outro e permitindo que Dago puidese mover o banco dando minutos aos menos habituais, e doutra banda chegar ao partido de Senior que se xogaría despois coa base do equipo mais descansada. O resultado final foi 9-2

Antes do partido de Senior xogóuse o de alevíns onde a prometedora escola do Compostela enfrontóuse á Compañía de Maria, co resultado de 1 a 10 a favor do Compañía. Non hai que preocuparse, imos paso a paso, partimos de cero e cada día damos un paso adiante: o camiño é longo pero estamos en boas mans.

Xa a ultima hora da tarde xogóuse o partido da liga Senior onde o equipo Junior do Compos reforzado con De Pedro enfrontóuse ao Dominicos. O partido empezóu con bo ritmo por parte do Compos con movementos rápidos de bola que nos permitiron adiantar no marcador, pero un erro arbitral ( deu un gol ao Dominicos despois de pitar buling) permitíu o empate no marcador e que logo o equipo visitante fósese ao descanso por diante.

Na segunda parte unha serie de erros defensivos sumados ao desacerto tanto nos libres directos como nos penaltis, (chegáronse a fallar até cinco, marcando un só) fixeron que o Dominicos afastásese no marcador , que só se puido maquillar nos minutos finais para acabar cedendo por 5 a 7.

Esta claro que nesta categoría a falta de intensidade defensiva, non acertar nunha xogada como o penalti, que coas novas regras é definitiva, lévanche a perder partidos,que estarían ao teu alcance. Até aquí o resumo da xornada, en crónicas posteriores seremos mais criticos , con xogadores, adestrador, árbitro, directiva e mesmo publico.

Rombo.

 


Noticias de Hockey