Compártenos

Compartir

 

Noticias/Eventos do Ano 2012
Nadal Sobre Rodas 2012 E-mail


E por aclamación popular, deixo o vídeo en versión orixinal da impresionante actuación de Pedrito animando o cotarro. Non ten desperdicio. 

 
Torneo Ciudad de Ferrol Decembro 2012 E-mail

 Xuvenil - Compañía de María

Feminino - HC Borbolla

 
Torneo Villa de Gijón E-mail

Durante os días 29 e 30 de setembro o Biesca Gijón organizou a décimo quinta edición do Torneo Internacional «Vila de Gijón» de hóckey a patíns, que ten a novidade que se xogaron tanto na categoría masculina como a feminina e sub 16 feminina.

En categoría feminina os equipos participantes foron o Lobinhos, equipo portugués en cuxa cancha se proclamou o Biesca Gijóncampión de Europa en 2012, o Club de Hóckey Compostela, o Noia e o club gijonés.Os Lobinhos, de Sintra (Portugal) e o Biesca Gijón; proclamáronse vencedoras do Torneo Vila de Gijón de hóckey a patíns en categoría feminina senior e sub16 respectivamente.

O Torneo comezou na mañá do sábado cos partidos entre  Os Lobinhos fronte ao CH Compostela en categoría feminina, ganando as portugueas por 7-1 o que daría ás portuguesas un lugar na final do domingo.
Pola tarde serían os equipos sub-16 do Biesca Gijón H.C. e o CH Compostela os que disputarían un partido amigable que resolveron con solvencia as gijonesas por un contundente 9-3. Máis tarde se disputaría a outra semifinal de categoría feminina entre o Biesca Gijón H.C. e o C.ENoia catalán que finalizaría con vitoria por 5-0 o que leva ó equipo local á final do domingo.

A xornada do domingo comezou co final de consolación entre o C.E.Noia e o C.HCompostela que rematarían gañando as catalás por un claro 6-0, aínda que poidemos ver, sobre todo na seguna mitade un partido moi igualado entre as xogadoras catalanas e o CH Compostela con claras ocasión de gol para as nosas xogadoras.

Pecharía o Torneo a final de categoría feminina entre o Biesca Gijón H.C. e as portuguesas de Os Lobinhos. Serían as portuguesas as que se levarían o partido e o torneo ao rematar gañando por un 1-3.

 

Es aquí quedan tamén unhas fotos do partido que disputaron os Master do Biesca co Pilar. Aquí xoga todo o mundo. Imos ter que tomar nota por estos lares.

 

 
Torneo Cia María Enfermidades Raras E-mail

O noso equipo Prebenxamín de nenas foi invitado polo Compañía de María para participar no I Torneo FEGEREC. O torneo organízano a Federación Galega de enfermidades raras e crónicas (Federec) e o Compañía de María de hóckey a patíns. Celebrouse o pasado 26 e 27 de maio.

 

 
E-mail

Xoves 14 de Xuño. Torneo Escolas e Patinaxe Artístico

Venres, 15 de Xuño. Prebenxamín "A" 3 - Escola Lubians 2

Venres 15 de Xuño. Prebenxamín "B" 3 - HC Borbolla 2

Venres 15 de Xuño. Benxamín "A" 4 - Escola Lubians 3

Venres 15 de Xuño. Benxamín "B" 0 - HC Borbolla 5

Venres 15 de Xuño. Selección Sub 16 "B" 6 - CP Cerceda 7

Venres 15 de Xuño. Senior "" 4 - Escola Lubians 5

Sábado 16 de Xuño. Infantil "B" "" 5 - HC Xolda 3

Sábado 16 de Xuño. Alevín "B" "" 1 - HC Borbolla 9

Sábado 16 de Xuño. Alevín "A" "" 11 - HC Xolda 4

Sábado 16 de Xuño. Infantil "B" 7 - Infantil "A" 1

Sábado 16 de Xuño. Benxamín "B" 3 - Escola Lubians 2

Sábado 16 de Xuño. Prebenxamin "A" 7 - Prebenxamín "B" 0

Sábado 16 de Xuño. Benxamin "A" 1 - HC Borbolla 6

Sábado 16 de Xuño. 3º e 4º Posto. Senior 2 - Selección Galega Sub16 5

Sábado 16 de Xuño. Exhibición Patinaxe Artístico

Sábado 16 de Xuño. Final. CP Cerceda 3 - Escola Lubians 0

Domingo 17 de Xuño. 3º e 4º Posto. Alevín "B" 3 - HC Xolda 7

Domingo 17 de Xuño. Final. Alevín "A" 1 - HC Borbolla 2

Domingo 17 de Xuño. Infantil "A" 1 - HC Xolda 2

Domingo 17 de Xuño. Feminino "A" 10 - Feminino "B" 0. Entrega de Trofeos.

 
Clausura Escolas Deportivas de Oroso 2012 E-mail

O pasado 1 de Xuño tivo lugar no Pavillón Municipal de Sigüeiro a Clausura das Escuelas Deportivas, nas que o Club de Hockey Compostela tivo unha actuación estelar nas modalidades de Hóckey a Patíns e de Patinaxe Artística. Obrigatorio salientar a espectacularidade de vestiario e maquillaxe así como das coreografías. Felicidades @s nen@s participantes @s monitor@s.  

 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 1 de 2

Noticias de Hockey