Compártenos

Compartir

 

Noticias/Eventos do Ano 2011
E-mail

 Torneo Escolas de Hockey e Patinaxe 2011

 

 

 Ver Fotos do Correo Gallego

 
Feminino A vs Feminino B E-mail

 Cara a máis que posible inscripción para a temporada 2011/2012 por parte do Club de Hockey Compostela de dous equipos femininos nas competicións oficiais, celebróuse o pasado 27 de Febreiro uns partidillos entre o Equipo Feminino "A" e o que será Feminino "B". A verdade e que, vamos a ter un equipo de rapazas con ganas de aprender, xogar e dar bos espectáculos. Será un pracer ver estos femininos a temporada que ven.

 
3ª EDICION DO COCIDO DE ANTROIDO E-mail

Bueno, queda demostrado empíricamente que á xente do noso club gústalle esto de comer ben e a farra que hai depois. A 3ª edición do noso Cocido de Entroido foi, outra vez, un rotundo éxito.  A xente aparecéu disfrazada na súa maior parte, o que fixo que a festa fora caseque como o Carnaval de Río. O final da cea bailongo con pase e concurso de disfraces, donde poidemos apreciar o arte que desplegóu a xente, tanto á hora dos seus deseños coma na posta en escea.

Os premios grandes (un 4x4) foron, na categoría infantil para Marquitos (Bob Esponja) e para Ana e Beto (Pedro e Bilma Picapedras) na categoría de adultos. Unha gran noite. Xa estamos desexando que chege o próximo entroido.

 

 
Antroido sobre rodas 2011 E-mail

Como non podía ser de outra maneira, a 3ª Edición do Entroido sobre Rodas foi un rotundo éxito. A verdade é que os rapaces responden a a estas xornadas de portas abertas do Compos cun entusiasmo que contaxia a todos nós, e que nos anima a que este evento sexa un fixo no noso calendario. 

Tamén constata que o espíritu do entroido está moi vivo en Compostela, xa que a inmensa maioría acudíu disfrazada dos máis variopintos xeitos: bruxas, pallasos, vaqueiros, indios, princesas, fadas.....

Unha mañán na que se queimaron moitas enerxías patinando, xogando ó hockey, correndo de aquí para alá...pero como todolos anos, esas enerxías foron repostas gracias ás filloas, orellas, rosquillas e refrescos que había para merendar. Gracias ás mamás que estiveron tixolando para que esta merendola fora posible.

En fin, o entroido remata e xa estamos artellando o do ano que ven. 

 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 2 de 2

Noticias de Hockey