Compártenos

Compartir

 

Noticias/Eventos do Ano 2011
E-mail

Un ano máis, e van catro, celebramos o Nadal sobre Rodas. Trátase de dúas xornadas de portas abertas nas que todos os nenos, nenas e adultos que queiran, poden achegarse ao pavillón de Vite os días 2 e 4 de Xaneiro en horario de 10 a 13 horas, e pasar un anaco moi divertido patinando e xogando ao hóckey.

 

E como todos os anos teremos a visita dun Paxe Real repartindo chuches aos nenos.
Esperámosvos!

 

 

 

 
Festa Nadal 2011 Oroso E-mail

O día 27 de Decembro celebramos no pavillón municipal de Sigüeiro a festa de Nadal da actividade de patinaxe artística e hóckey. Multitude de nenos e nenas apuntáronse a patinar toda a tarde e á merenda que se gozou a continuación, grazas ás nais e pais que nos surtiron con multitude de refrescos e peteirada. Grazas a todos por esta marabillosa festa.

 
Entreno de Haloween E-mail
O Halloween ten a súa orixe nunha festividade célta coñecida como Samhain, que deriva de irlandés antigo e significa fin do verano.Os antigos britanos tiñan unha festividade similar coñecida como Calan Gaeaf. No Samhain celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano novo celta», que comezaba coa estación oscura.
Os antigos celtas crían que a liña que une a este mundo co Outro Mundo estreitaba coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto benévolos coma malévolos) pasar a través. Os antecesores familiares eran invitados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Cre que o uso de traxes e máscaras se debe á necesidade de escorrentar aos espíritos malignos. O seu propósito era adoptar a aparencia dun espírito maligno para evitar ser danado. En Escocia os espíritos foron suplantados por homes novos vestidos de branco con máscaras ou a cara pintada de negro.
Samhain tamén era un momento para facer balance das subministracións de alimentos e o gando para prepararse para o inverno. As cacharelas tamén desempeñaron un papel importante nas festividades. Todos os outros lumes se apagaban e en cada fogar acendíase unha cacharela na cheminea. Os ósos dos animais sacrificados lanzábanse á fogueira.

Outra práctica común era a adiviñación, que a miúdo implicaba o consumo de alimentos e bebidas. 


 
Comenzo dos Adestramentos da Temporada E-mail
Despois do parón do verán, por fin esta semana deron comezo os adestramentos dende o pasado día 5 de setembro de todas as categorías no pavillón de Vite. Xa levabamos facendo unha semana físico nas pistas do campo de fútbol de San Lázaro con algún dos rapaces que se atreveron a correr un pouquiño para ir "facendo corpo" 

Como novidade esta tempada anunciar que temos de novo equipo Senior en 1ª División autonómica o que lle dá un impulso ao hóckey e sobre todos os nenos e nenas das categorías de abaixo.

Ademais contamos con novas e importantes incorporacións que farán que os equipos do Club de Hockey Compostela pelexen con moitas posibilidades polo título de liga. En todo caso o que si haberá en Vite serán partidos de moita emoción. 

 

 
Merendola Fin de Temporada E-mail

 Como xa é habitual no noso Club, cando remata a temporada facemos unha merendola cos rapaces. E, como tamén é habitual, esta merendola facemola na Granxa do Xesto no Pedroso. E alí nos xuntamos nunha tarde preciosa que invitaba a comer ben e despois xogar no parque ou ir a dar unha volta polos estanques a ver si pillamos unha rá.

Fabuloso.

 
III Torneo de Hockey Compostela E-mail

 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 1 de 2

Noticias de Hockey