Compártenos

Compartir

 

Noticias/Eventos del Ano 2009
Antroido sobre rodas 2009 E-mail

 Xa chegóu o Antroido e, no Club de Hockey Compostela quixémolo celebrar con todolos nenos que quixeran. Para ilo fixemos unha xornada de portas abertas na que os rapaces viñeron cos seus patíns a pasar un rato divertido, xa que a inmensa maioría veu co seu disfraz.

Despóis de unha tarde de patín e risas, chega a hora da merendola e, como non podía der de outra maneira, había filloas, ourellas e rosquillas para todos.

Dende o CH Compostela non nos cabe a menor dúbida de que este Antroido sobre Rodas repetiráse tódolos anos. ¡Ata o ano que ven!

 

 
I Torneo Internacional de Hockey Compostela E-mail
I Torneo Internacional de Hockey Compostela

I Torneo Internacional

Os días 26, 27 e 28 de Xuño, celebróuse no pavillón de Vite de Santiago de Compostela o I Torneo Internacional de Hockey organizado polo noso club ca participación de, ademáis do CH Compostela, a Escola Lubiáns de Carballo, o Compañía de María de A Coruña, o Codima de santiago de Compostela, o Vigo Stick de Vigo, o AC Ordenes de Odes, HC Borbolla de A Coruña e o HC Mealhada e o HC Viseu de Portugal.Participaron as categorías Escola, Prebenxamín, Alevín, Senior Feminino e Senior Masculino cos seguintes resultados:

Na escola non ouvo clasificacións; todos os equipos foron medalla de ouro.

Categoría Prebenxamín:
1º Clasificado: Escola Lubians
2º Clasificado: CH Compostela
3º Clasificado: Compañía de María

Categoría Alevín:
1º Clasificado: Vigo-Stick
2º Clasificado: CH Compostela
3º Clasificado: Codima

Categoría Feminino:
1º Clasificado: CH Compostela
2º Clasificado: HC Mealhada
3º Clasificado: AC Ordenes

Categoría Senior Masculino:
1º Clasificado: HC Borbolla
2º Clasificado: HC Viseu
3º Clasificado: Escola Lubians
4º Clasificado: CH Compostela

 

 
Ensaio das novas regras de xogo E-mail

Con motivo da entrada en vigor para esta temporada 2009-2010 do novo regulamento de hockey a patíns, a Federación Galega de Hockey ofrecéulle os clubes interesados, a súa colaboración mediante a aportación de árbitros, paraque se organizasen partidos ca finalidade de que os xogadores se foran facendo ás novas normas.

O CH Compostela organizóu en colaboración co Noia HC o sábado día 3 de Outubro, uns partidos co seguinte calendario:

10:30 H. CH Compostela Prebenxamín - CH Compostela Benxamín B
11:15 H. CH Compostela Benxamín A - CH Compostela Alevín
12:00 H. CH Compostela Senior - Noia HC

En canto ós partidos das categoría inferiores, decir que foi unha ledicia, coma sempre, ver os máis pequenos xogar. Ademáis, xa se lles aplicaron as novas normas, xa que a liga está a piques de comenzar e hai que ilos poñendo ó día. Ao final, resultados variopintos, e día festivo para os cativos.

Máis serio foi o partido entre o Ch Compostela e o Noia HC en categoría senior donde se puxo totalmente en práctica o que será o novo hockey. Arbitraron Dani e Rubén demostrando que sí fixeron os deberes e controlan o novo reglamento.

En canto o partido, este foi igualado durante a primeira parte, estando incluso o Ch Compostela por riba no marcador, pero xa na segund a parte o Noia puxo a súa experiencia na pista e convirtéuse pesadelo para a xoven plantilla do Ch Compostela. O final o Noia levóuse o partido por un contundente 3-10.

 

hockey_fotos

 
Torneo Cidade de Vigo 2009 E-mail

O pasado venres día 2 de Outubro, celebróuse o 26 Torneo Cidade de Vigo en categorías Feminino e Senior da OK Liga.

O torneo foi a partido único as dúas categorías, disputándose entre o Toshiba Vigo Stick e o Cerceda no caso dos homes con resultado de 5 a 3 para o equipo local e entre o Vigo Stick e o CH Compostela por parte das féminas con resultado igualmente favorable para o Vigo Stick por un apretado 2 a 1.

Fantástica a actuación da nosa nova porteira Sabela, que pese a pasar de xogar en pista á porteira, demostróu ser unha grande no seu novo posto. ¡Felicidades!.

 
Firmado Convenio de Colaboración do CH Compostela e o Concello de Sigüeiro E-mail

O pasado 6 de Outubro, celebróuse unha xuntanza na Casa do Concello de Oroso entre o Excmo Sr. Alcalde D. Manuel Mirás e Dña. Pilar Losada, presidenta do Club de Hockey Compostela, na que se asinóu o convenio de colaboración entre estas dúas entidades, polo que o CH Compostela se fará cargo das actividades de patinaxe e hockey enmarcadas dentro dos obradoiros culturais e deportivos programados para o curso 2009-2010.

Ditas actividades desenvolveránse os Martes e Xoves no Pavillón Polideportivo de Sigüeiro dende o 15 de Outubro ata o 20 de maio co seguinte horario:

de 16:30 a 17:30, PATINAXE I (a partir de 3 anos)
de 17:30 a 18:30, PATINAXE II
de 18:30 a 19:30, HOCKEY

 
Comenzaron as clases de Patinaxe e Hockey no Concello de Sigüeiro E-mail

O pasado xoves 15 de Outubro comenzaron en Sigüeiro as clases de patinaxe e hockey organizado polo Concello e impartidas polo Club de Hockey Compostela, fruto da firma dun convenio de colaboración firmado entre as dúas entidades.
O éxito foi rotundo, xa que participan nada máis e nada menos que 90 rapaces e rapazas nas distintas modalidades: Patinaxe 1, Patinaxe 2 e Hockey.

 
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 1 de 2

Noticias de Hockey