Compártenos

Compartir

 

Xornada 17-Outubro-2009 E-mail

Alevín

O partido disputado o fin de semana polo equipo alevín resultou positivo visto dende o punto de vista defensivo. Aínda que o resultado foi de 8-0 para o equipo local, o Vigo Stick, melloraron na colocacion e iso nunha semana de entrenamento dende o anterior partido onde non sabian por onde lle viñan os tiros xa que era o primeiro partido de moitos deles na súa corta vida no hockey.

No aspecto ofensivo hai unha gran timidez do equipo e so nos últimos 3 minutos decidiron tirar a porteria, aspecto este moi positivo de cara a vindeiros partidos.

Salientar a boa actuación dos porteiros Brais e Eduardo que fixeron grandes paradas aínda que recibiron unha grande cantidade de ataques dun equipo que hoxe por hoxe é moi superior ó Compostela. Grazas a esta boa actuación dos porteiros evitouse que o resultado do partido fose moito máis amplo.

Para rematar salientar o bo clima relacional entre os membros do equipo así como de pais, adestradores e clube.

Juanjo e Patricia.

 

Noticias de Hockey