Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2009 Ensaio das novas regras de xogo
Ensaio das novas regras de xogo E-mail

Con motivo da entrada en vigor para esta temporada 2009-2010 do novo regulamento de hockey a patíns, a Federación Galega de Hockey ofrecéulle os clubes interesados, a súa colaboración mediante a aportación de árbitros, paraque se organizasen partidos ca finalidade de que os xogadores se foran facendo ás novas normas.

O CH Compostela organizóu en colaboración co Noia HC o sábado día 3 de Outubro, uns partidos co seguinte calendario:

10:30 H. CH Compostela Prebenxamín - CH Compostela Benxamín B
11:15 H. CH Compostela Benxamín A - CH Compostela Alevín
12:00 H. CH Compostela Senior - Noia HC

En canto ós partidos das categoría inferiores, decir que foi unha ledicia, coma sempre, ver os máis pequenos xogar. Ademáis, xa se lles aplicaron as novas normas, xa que a liga está a piques de comenzar e hai que ilos poñendo ó día. Ao final, resultados variopintos, e día festivo para os cativos.

Máis serio foi o partido entre o Ch Compostela e o Noia HC en categoría senior donde se puxo totalmente en práctica o que será o novo hockey. Arbitraron Dani e Rubén demostrando que sí fixeron os deberes e controlan o novo reglamento.

En canto o partido, este foi igualado durante a primeira parte, estando incluso o Ch Compostela por riba no marcador, pero xa na segund a parte o Noia puxo a súa experiencia na pista e convirtéuse pesadelo para a xoven plantilla do Ch Compostela. O final o Noia levóuse o partido por un contundente 3-10.

 

hockey_fotos

 

Noticias de Hockey