Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2015 I Torneo Solidario Club de Hockey Compostela
E-mail

O pasado sábado 3 de Xaneiro o Pavillón Municipal de Vite acolleu a I edición dun evento solidario co obxectivo de axudar nestas datas aos máis necesitados con pequenos xestos a través do deporte.

O I Torneo Solidario do Club de Hockey Compostela, reuniu a categorías Micro, Prebenxamin e Benxamin ademais dunha exhibición de patinaxe artística do Club Patín Oroso.

O obxectivo do  I Torneo Solidario Hockey a Patíns CH Compostela tivo como base a recollida de alimentos de almorzo, produtos de hixiene persoal e de limpeza para o Centro Vieiro dependente de Cáritas de Santiago de Compostela.

Para alcanzar este obxectivo, o club invitaba a que cada un dos asistentes ao evento achegase o seu gran de area, entregando cada neno, pai e/ou socio algún dos produtos solicitados.

O acto contou coa presenza de numeroso público e un total de 100 nenos e nenas entre as modalidades de hóckey a patíns e patinaxe artística.

Ao termo desta I edición recolléronse 500 Quilos de alimentos que o club entregou ao Centro Vieiro de Caritas Santiago, da man do Director de Cáritas Interparroquial de Santiago Don José Antonio Beiroa.

 

Noticias de Hockey