Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2015 Torneo Solidario
E-mail

O vindeiro sábado día 3 de xaneiro, no pavillón municipal de vite, dende as 10 da mañá, o Club de Hóckey Compostela organiza un Torneo Solidario de Hóckey a beneficio do Centro Vieiro pertencente Cáritas de Santiago de Compostela. Ademais do Compostela como organizador do evento, se contará coa participación do Compañía de María Hockey Ferrol e o Escola Lubians, ademais dunha exhibición de patinaxe artístico do Club Patín Oroso, e competirase nas categorías Micros, Prebenxamín e Benxamín.
A finalidade é recoller alimentos de almorzo e produtos de hixiene persoal e limpeza destinados a todas as persoas atendidas diariamente polo Centro Vieiro de Santiago de Compostela.
Os artigos que máis se necesitan e cos que se pode colaborar son:
Galletas de almorzo, leite, azucre, cereais, cacao, descafeinado, café moído para cafeteira, sacarina, marmelada, mel, infusións, xel, xampú, máquinas de afeitar desbotables, escuma de afeitar, colonia, lixivia, fregachans, ambientador, toallas de ducha, toallas lavamáns.

Moitas grazas por colaborar nesta bonita causa.

10348809 335175976670392_3015743474060589168_o

 

Noticias de Hockey