Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2013 Prebenxamin A Campions 12-13
E-mail

 

O EQUIPO PREBENXAMIN "A" DO CLUB DE HOCKEY COMPOSTELA REMATA A TEMPADA 2012/2013 COMO LÍDER DA PRIMEIRA DIVISIÓN AUTONÓMICA

É a primeira vez que un equipo base de hóckey a patíns de Santiago o consigue.

O equipo prebenxamín do Club de Hockey Compostela, no que xogan nenos e nenas nacidos a partires do ano 2003, ven de proclamarse esta pasada fin de semana campión na súa categoría da liga de primeira división autonómica, sendo a primeira ocasión na que un clube de Santiago logra acadar esta posición nunha categoría base.

Este éxito únese ao recente logro por este mesmo equipo da primeira posición na súa categoría no II Torneo Internacional de Formación "Cidade de Coimbra", organizado nesta vila portuguesa pola sección de patinaxe da Associaçao Académica de Coimbra os días 27 e 28 de abril deste ano.

Este é un novo fito na historia deste clube, creado en 2008 para potenciar a través da súa escola este deporte na área de Compostela e achegalo ás nenas e nenos de todas as idades, para fomentar a través da súa práctica os valores tanto deportivos como humanos necesarios para o seu desenvolvemento como deportistas e persoas. Así, e grazas tamén a outras actividades como o "Nadal sobre rodas", o "Entroido sobre rodas", o “Torneo Internacional de Hockey Compostela” ou os campamentos de verán de hóckey e patinaxe, son cada vez máis os nenos e nenas que se achegan a coñecer, practicar e gozar deste deporte.

Nesta liña de promoción do hóckey e a patinaxe que se está a desenvolver sitúase a organización por parte do Club de Hockey Compostela, xunto coa Real Federación Española de Hockey, do vindeiro Campionato de España Feminino Sub-16 de hóckey a patíns, que se celebrará no pavillón de Vite os día 24, 25 e 26 deste mes de maio.

Xabier Sánchez

 

 

 

Noticias de Hockey