Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2012 Torneo Villa de Gijón
Torneo Villa de Gijón E-mail

Durante os días 29 e 30 de setembro o Biesca Gijón organizou a décimo quinta edición do Torneo Internacional «Vila de Gijón» de hóckey a patíns, que ten a novidade que se xogaron tanto na categoría masculina como a feminina e sub 16 feminina.

En categoría feminina os equipos participantes foron o Lobinhos, equipo portugués en cuxa cancha se proclamou o Biesca Gijóncampión de Europa en 2012, o Club de Hóckey Compostela, o Noia e o club gijonés.Os Lobinhos, de Sintra (Portugal) e o Biesca Gijón; proclamáronse vencedoras do Torneo Vila de Gijón de hóckey a patíns en categoría feminina senior e sub16 respectivamente.

O Torneo comezou na mañá do sábado cos partidos entre  Os Lobinhos fronte ao CH Compostela en categoría feminina, ganando as portugueas por 7-1 o que daría ás portuguesas un lugar na final do domingo.
Pola tarde serían os equipos sub-16 do Biesca Gijón H.C. e o CH Compostela os que disputarían un partido amigable que resolveron con solvencia as gijonesas por un contundente 9-3. Máis tarde se disputaría a outra semifinal de categoría feminina entre o Biesca Gijón H.C. e o C.ENoia catalán que finalizaría con vitoria por 5-0 o que leva ó equipo local á final do domingo.

A xornada do domingo comezou co final de consolación entre o C.E.Noia e o C.HCompostela que rematarían gañando as catalás por un claro 6-0, aínda que poidemos ver, sobre todo na seguna mitade un partido moi igualado entre as xogadoras catalanas e o CH Compostela con claras ocasión de gol para as nosas xogadoras.

Pecharía o Torneo a final de categoría feminina entre o Biesca Gijón H.C. e as portuguesas de Os Lobinhos. Serían as portuguesas as que se levarían o partido e o torneo ao rematar gañando por un 1-3.

 

Es aquí quedan tamén unhas fotos do partido que disputaron os Master do Biesca co Pilar. Aquí xoga todo o mundo. Imos ter que tomar nota por estos lares.

 

 

Noticias de Hockey