Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2011 Entreno de Haloween
Entreno de Haloween E-mail
O Halloween ten a súa orixe nunha festividade célta coñecida como Samhain, que deriva de irlandés antigo e significa fin do verano.Os antigos britanos tiñan unha festividade similar coñecida como Calan Gaeaf. No Samhain celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano novo celta», que comezaba coa estación oscura.
Os antigos celtas crían que a liña que une a este mundo co Outro Mundo estreitaba coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto benévolos coma malévolos) pasar a través. Os antecesores familiares eran invitados e homenaxeados mentres que os espíritos daniños eran afastados. Cre que o uso de traxes e máscaras se debe á necesidade de escorrentar aos espíritos malignos. O seu propósito era adoptar a aparencia dun espírito maligno para evitar ser danado. En Escocia os espíritos foron suplantados por homes novos vestidos de branco con máscaras ou a cara pintada de negro.
Samhain tamén era un momento para facer balance das subministracións de alimentos e o gando para prepararse para o inverno. As cacharelas tamén desempeñaron un papel importante nas festividades. Todos os outros lumes se apagaban e en cada fogar acendíase unha cacharela na cheminea. Os ósos dos animais sacrificados lanzábanse á fogueira.

Outra práctica común era a adiviñación, que a miúdo implicaba o consumo de alimentos e bebidas. 


 

Noticias de Hockey