Compártenos

Compartir

 

Inicio Noticias/Eventos Ano 2010 II Torneo Internacional de Hockey Compostela
II Torneo Internacional de Hockey Compostela E-mail
 
Resumo do Torneo

Número de partidos disputados: 22 Número de equipos en liza: 21 Número aproximado de participantes: 300 Resultados: Escola: non se computan resultados Prebenxamíns: campión o CH Compostela que gañou na final por un axustado 5-4. Benxamíns: campión o Vigo Stick, despois gañar os seus partidos por un 6 a 1 e por un disputado 4 a 3 na final ao CH Compostela. Crías: campión o H.C. Viseu (Portugal), equipo moi traballado que gañou ao H.C. Xolda con suficiencia e na final ao C.H. Compostelaque só puido aguantar o marcador na primeira metade e que na segunda parte realizou multitude de cambios que facilitaron un marcador final de 9 a 0. Feminino: campión o C.H. Compostela que gañou con marcadores máis claros do previsto 9 a 3 ao AC Ordenes e 9 a 0 na final a un bo equipo portugués do F.C. Oliveira do Hospital que paso á final despois de vencer a un Club experimentado como o AC Ordenes por un 6 a 3. Este equipo portugués ao igual que o noso Club, presenta moita xuventude nas súas xogadoras e polo tanto un futuro prometedor. Sénior masculino: campión o Escola Lubians que conseguiu gañar os seus partidos por un cinco a cero e por un cinco a catro nun final de infarto ao CH Compostela. A DESTACAR: - Gran deportividade tanto nas bancadas coma na pista de xogo, froito diso o noso Club foi invitado a xogar os torneos dos equipos lusos participantes no próximo mes de setembro. - O grande avance dos nosos xogadores máis pequenos (prebenxamíns) en tan curto espazo de tempo, todo iso grazas ao seu empeño e ao dos nosos técnicos. - O nivel demostrado polo equipo feminino que nun par de anos contará con novas xogadoras e cun nivel de hóckey moi importante, todo iso sustentado na gran canteira da que dispoñemos (máis de cen fichas en feminino), que nos confiren no Club máis importante en canto ao número de practicantes de Galicia, descoñecendo o posto que ocupamos a nivel nacional. - Excelente a posta en escena dos xogadores de escola que deron un fantástico colorido ao torneo (xogadores que xa saben patinar e manexar o stick, algúns deles xa dende a temperá idade dos tres anos), o que nos fai albergar moitas esperanzas de cara ao futuro.

 
 
 

Noticias de Hockey