Compártenos

Compartir

 

Acceso privado



Inicio
O Feminino A, Campión da Copa Federación E-mail

As rapazas do Femenino "A" (Icía, Lucía, Nana, María, Iria, Naila, Naiara, Aldana e Adrea) acaban de proclamarse matematicamente campionas da Copa Federación a falta dun partido, despois de vencer ao HC Cambre este sábado día 10 de xaneiro por un contundente 8-0. Felicidades rapazas. Agora a pola liga.

De Feminino A - HC Cambre (Campeonas Copa Federación) 10-1-2015


 
I Torneo Solidario Club de Hockey Compostela E-mail

O pasado sábado 3 de Xaneiro o Pavillón Municipal de Vite acolleu a I edición dun evento solidario co obxectivo de axudar nestas datas aos máis necesitados con pequenos xestos a través do deporte.

O I Torneo Solidario do Club de Hockey Compostela, reuniu a categorías Micro, Prebenxamin e Benxamin ademais dunha exhibición de patinaxe artística do Club Patín Oroso.

O obxectivo do  I Torneo Solidario Hockey a Patíns CH Compostela tivo como base a recollida de alimentos de almorzo, produtos de hixiene persoal e de limpeza para o Centro Vieiro dependente de Cáritas de Santiago de Compostela.

Para alcanzar este obxectivo, o club invitaba a que cada un dos asistentes ao evento achegase o seu gran de area, entregando cada neno, pai e/ou socio algún dos produtos solicitados.

O acto contou coa presenza de numeroso público e un total de 100 nenos e nenas entre as modalidades de hóckey a patíns e patinaxe artística.

Ao termo desta I edición recolléronse 500 Quilos de alimentos que o club entregou ao Centro Vieiro de Caritas Santiago, da man do Director de Cáritas Interparroquial de Santiago Don José Antonio Beiroa.

 
Calendario Competicions E-mail

Consulta aquí o calendario das distintas competicións.

 

 
Tarxeta Lotaría Primitiva E-mail
Xa quedan pocas tarxetas pa xogar á Lotaría Primitiva e Eurmillóns. Faite axiña cunha das tarxetas do Club de Hóckey Compostela coa que xogas dende o 16 de setembro ao 31 de maio á Lotaría Primitiva os xoves e sábados e Euromillóns todos os martes e venres. Toda a tempada por 5 €. Preguntade á directiva por elas.
Un choio oian!!

 

 

 
Horarios de partidos Imprimir E-mail

 

        

      

Agenda FGP  Próximos Eventos  Federación Galega de Patinaxe - Google Chrome

 
Horarios Adestramentos Temporada 2014-15 E-mail

 

 
Más artículos...
<< Inicio < Prev 1 2 Próximo > Fin >>

Página 1 de 2

Noticias de Hockey